VOLVEMOS AO PAVILLÓN DE VISTA ALEGRE COA NOSA CAMPAÑA

21 de OUTUBRO de 2023 | CAMPAÑA VOLUNTARIADO

VOLVEMOS AO PAVILLÓN DE VISTA ALEGRE COA NOSA CAMPAÑA

Tras visitar Foz esta mañá, concretamente o Encontro das Familias no Colexio Nosa Señora do Pilar de Foz, pola tarde desplazámonos a Burela, ao Pavillón Municipal de Vista Alegre, ao que acudimos por segunda vez. Se o pasado sábado facíamos campaña antes e durante o partido de fútbol sala feminino, neste caso xoga o equipo masculino de Pescados Rubén Burela FS contra o CD Leganés FS. A gran afluencia de xente, permítenos chegar a un número amplo de persoas que poden estar interesadas en facer voluntariado, xa que na maior parte trátase de xente nova ou de mediana idade. Tivemos ademais oportunidade de sacar algunha imaxe con xogadores tanto do equipo xuvenil como do primeiro equipo, como a que acompaña este texto, na que Rikelme (á dereita) e Flethes dannos o seu apoio. Moitas grazas aos dous!!!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies