VISITAMOS O SEMINARIO E HOSPEDERÍA SANTA CATALINA
VISITAMOS O SEMINARIO E HOSPEDERÍA SANTA CATALINA
A nosa visita a Mondoñedo neste sábado proseguiu nunha das institucións máis emblemáticas da cidade: o Seminario e Hospedería Santa Catalina, con varios séculos de historia entre as súas maxestuosas paredes. Recibiunos aquí o seu xerente, Javier Pérez, e tras posicionar as nosas lonas promocionais na entrada principal do edificio, tivemos oportunidade de dirixirnos tanto ao persoal da institución como a todos os visitantes e hóspedes da mesma, aproveitando o tempo das comidas (entre as dúas e as catro e media da tarde) que é o de maior movemento de entrada e saída de xente. Graciñas a Estrella e María Luisa, que non dubidaron en apoiar a nosa campaña.