VISITA DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE AOS NOSOS CENTROS DE BURELA

6 de FEBRERO de 2024 | Sandra Vázquez valorou moi positivamente as nosas instalacións

Este martes 6 de febreiro, recibimos a visita de secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia nos nosos centros de Burela. Sandra Vázquez Domínguez, que veu en compañía de Manuel Rouco López (concelleiro e voceiro do PP da localidade), foi recibida por la directora titular da institución, Hna. Martina Sendino, e os integrantes do equipo directivo, Jesús Iglesias, Manuel Sánchez e María Gato.

Vázquez percorreu as instalacións do Centro de Atención de Día, Centro de Acollida e Inclusión Social e Casa de Familia, recibindo as oportunas explicacións por parte da directiva da entidade, coa que tamén mantivo unha reunión de traballo para estudar posibles proxectos de colaboración.

A secretaria xeral da Igualdade valorou moi positivamente o traballo que se fai e o estado das instalacións, con especial interese polo funcionamento do Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena, adicado preferentemente a mulleres en situación de vulnerabilidade con menores a cargo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies