«FAITE VOLUNTARIO» PRESÉNTASE NO ENCONTRO DE NAIS E PAIS DA UPA BURELA-CERVO-CORDIDO
«FAITE VOLUNTARIO» PRESÉNTASE NO ENCONTRO DE NAIS E PAIS DA UPA BURELA-CERVO-CORDIDO
O venres 6 de outubro tivo lugar a segunda das visitas da campaña de sensibilización e captación de voluntarios. Neste caso foi na igrexa de Santa María de Burela co gallo do encontro de pais e nais que teñen cativos na Catequese da UPA. Esta Unidade Pastoral de Atención reúne as parroquias de Burela, Cangas de Foz, Castelo, Cervo, Cordido, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe. Foi, por tanto, unha grande oportunidade para poder dirixirnos a xente de todas estas localidades, reunidas neste encontro.