«FAITE VOLUNTARIO» COA ANPA DO COLEXIO DO PILAR DE FOZ

21 de OUTUBRO de 2023 | CAMPAÑA VOLUNTARIADO

«FAITE VOLUNTARIO» COA ANPA DO COLEXIO DO PILAR DE FOZ

O sábado 21 de outubro, acudimos coa nosa campaña «En San Aníbal buscamos o teu apoio: faite voluntario» ao Encontro das Familias no Colexio Nosa Señora do Pilar en Foz. O noso agradecemento a comunidade relixiosa das Franciscanas da Purísima, que están ao frente deste reputado centro educativo dende 1946.

Foz para nós era un destino moi importante para chegar coa nosa campaña, xa que nesta localidade estamos a desenvolver desde principios do 2023 o programa «Familia Educa» (espazo de preservación familiar), no cal tamén ofrecemos a posibilidade de facer voluntariado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies