Neste fogar de acollida aténdese a nenos, nenas e adolescentes que se atopan en situación de garda ou tutela pública pola Xunta de Galicia. O centro ten concertadas 8 prazas co Servizo de Protección de Menores, igual que en anos anteriores, durante o ano 2018 este fogar funcional atendeu a unha media mensual de 11 menores, cunha ocupación media anual do 134% ,en concreto neste ano atendéronse a 17 menores, 14 rapaces e 3 rapazas.

Como ven acontecendo nos últimos anos a atención especializada que se presta por un equipo multidisciplinar de profesionais céntrase na atención de adolescentes, 15 dos 17 atendidos contaban con 14 ou máis anos. 6 destes adolescentes foron derivados doutros centros de protección para prestarlles unha intervención máis individualizada e especializada, que evitase a problemática que xa presentaban nestes outros centros.

O obxectivo principal da intervención socio-educativa que estamos a desenrolar con estes menores é a da preparación para a súa autonomía e emancipación, reforzando as intervencións educativas, a autonomía persoal e a preparación para o mundo laboral.

Durante o 2018 seis menores causaron baixa no centro, retornado para o seu domicilio familiar, catro deles por ter xa máis de 18 anos ou estar a piques de cumprilos e poder contar para o seu proceso de emancipación co apoio doutros programas.

Os outros dous retornaron á súa familia por haber mellorado a situación desta.

Actualmente atópanse vivindo 11 menores, 10 deles maiores de 14 anos.
Para máis información Irmá Martina Sendino.
Teléfono 982585229

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies